Segundo Pampillón Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSegundo Pampillón Rodríguez
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1907 Editar o valor em Wikidata
Tameiga, España Editar o valor em Wikidata
Morte1980 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAnacleto Pampillón Sío Editar o valor em Wikidata

Segundo Pampillón Rodríguez, nado en Tameiga (Mos) o 24 de marzo de 1907 e finado en 1980, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Anacleto Pampillón Sío. Cursou estudos primarios e secundarios nos Salesianos de Vigo e fíxose perito mercantil. Foi administrador da empresa madeireira da súa familia en Sanguiñeda. Na II República fundou en Mos Acción Republicana. Integrouse despois en Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado membro da xestora de Mos e elixido alcalde en marzo de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no cárcere de Tui e logo en Vigo. Logrou fuxir a Portugal onde foi reclamado polo seu irmán que vivía na Arxentina. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi sobresido provisionalmente. Chegou a Buenos Aires en 1937 e integrouse no Centro Republicano Español. En 1960 foi membro do Consello de Galicia. Foi o impulsor do Instituto de Cultura Galega do Centro Galego de Buens Aires. Dedicouse ao xornalismo radial participando do programa Galiza en América de Radio Nacional de Buenos Aires e colaborou con Luís Seoane no programa Galicia Emigrante. Retornou a Galicia en 1958 para dirixir a fábrica familiar. Volveu a Arxentina en 1962.


Predecesor:
Paulino Pérez Rial
 
Alcalde de Mos
 
1936
Sucesor:
Paulino Pérez Rial

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 2 de agosto de 1997 o concello de Mos tributoulle unha homenaxe póstuma, e púxolle o seu nome a unha rúa.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou no Porriño con María del Carmen Paz Domínguez, filla do médico Manuel Paz Varela, en 1932.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 13.
  2. "Pampillón, «o alcalde mais longo da historia de Mos»", La Voz de Galicia, Vigo, 3-8-1947, p. 48.
  3. El Sobroso, 1-9-1932, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]