Saltar ao contido

Segunda Cámara dos Estados Xerais (Países Baixos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Segunda Cámara dos Estados Xerais
 Nome orixinal
    Tweede Kamer der Staten-Generaal (nl)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tweede Kamer der Staten-Generaal (nl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Logotipo
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Medio usado
 Cargo dirixente
Implicados
 Presidente/a
Thom van Campen 2025
Vera Bergkamp 2021 2023
Anouchka van Miltenburg 2012 2015
Khadija Arib 2016 2021
Martin Bosma 2023 2025 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
24 de agosto de 1815 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de escanos
150
100
86
80
75
72
68
58
55
110 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
Binnenhof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Xurisdición
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF264703904 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000403954766 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/014clc Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI2800945745 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+31-70-318-2211 Editar o valor en Wikidata
Facebook: TweedeKamer Twitter: 2eKamertweets Instagram: tweede_kamer LinkedIn: tweede-kamer-der-staten-generaal Youtube: UCEqXS8PoH57XaizXKMTL_UQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Escudo da Segunda Cámara dos Estados Xerais

A Segunda Cámara dos Estados Xerais ou Cámara de Representantes (en neerlandés: Tweede Kamer der Staten-Generaal) é a cámara baixa do parlamento dos Países Baixos (Staten-Generaal). Xunto co Senado, ou Primeira Cámara, exerce o poder lexislativo do sistema político neerlandés. Ten a súa sede na Haia no complexo histórico do Binnenhof que alberga ás principais institucións do país.

Funcións

[editar | editar a fonte]

O capítulo 3 da Constitución dos Países Baixos (artigos do 50 ao 72) establece as atribucións da Segunda Cámara dos Estados Xerais:[1][2]

  • Exercer a iniciativa lexislativa: propor leis ou debater e aprobar aquelas propostas polo goberno. A diferenza da Primeira Cámara, ou Senado, que non pode máis que aceptar ou rexeitar a totalidade do proxecto de lei, a Segunda Cámara pode introducir emendas aos proxectos.
  • Aprobar ou rexeitar os orzamentos do goberno para o Estado.
  • Controlar a acción do goberno: os ministros son responsables ante o parlamento e responden ante o lexislativo de diferentes xeitos. Dunha parte, os membros do parlamento poden elevar cuestións por escrito ao executivo, que deben responder en tres semanas. Ademais, os membros da Segunda Cámara poden preguntar oralmente aos ministros nunha sesión parlamentaria que con tal fin se celebra os martes e que é retransmitida por televisión. Doutra banda, un deputado poder convocar a un ministro ou secretario de Estado para debater de forma urxente sobre un tema sempre que consiga o apoio da maioría da cámara, nestes casos, o ministro ou secretario de Estado non pode eludir a convocatoria.
  • Investigar: a Segunda Cámara pode constituír unha comisión composta por algúns dos seus membros para investigar cuestións específicas. Para facer as súas investigacións pode convocar a calquera cidadán, que está obrigado a comparecer baixo xuramento. As conclusións da comisión de investigación son presentadas ante o conxunto da Segunda Cámara e poden incluír recomendacións, máis non sancións. A Segunda Cámara adoita investigar para dar resposta a problemas que teñen forte impacto na opinión pública, como por exemplo para esclarecer o accidente aéreo do voo 1862 de El Al, ou as responsabilidades do exército dos Países Baixos no masacre de Srebrenica.[3]

Composición

[editar | editar a fonte]

A Segunda Cámara dos Estados Xerais está conformada por 150 membros electos pola cidadanía cada 4 anos por sufraxio universal.[4] Os membros da Segunda Cámara teñen dedicación exclusiva ás súas tarefas parlamentarias.[2] O voto proporcional foi introducido o voto proporcional en 1917 canda o sufraxio universal masculino, ampliado en 1919 ás mulleres. Dende 1933 os escanos a escoller son repartidos seguindo o método d'Hondt.[5] O número de membros foi de cen entre 1830 e 1956, cando foi ampliado aos 150 actuais.[5]

A Segunda Cámara dos Estados Xerais está liderada por un presidente que é votado polos seus membros ao inicio da lexislatura, xunto co resto dos membros do presidium que organiza os traballos da asemblea.[6] Os deputados electos intégranse en grupos parlamentarios que se corresponden cos partidos polos que foron escollidos. Ademais das sesións plenarias, os deputados integran comités específicos para facer o seguimento da cada unha das políticas gobernamentais.[7] As sesións da Segunda Cámara dos Estados Xerais teñen lugar os martes, mércores e xoves.[2]

  1. "Nederlandse grondwet/Hoofdstuk 3 - Wikisource". nl.wikisource.org (en neerlandés). Consultado o 2021-03-19.
  2. 1 2 3 Ramkema, H (2008). Reseña del Sistema Político Neerlandés. NIMD e Instituut voor Publiek en Politiek. ISBN 978-90-79089-03-1.
  3. "Holanda culpable de masacre de Srebrenica" (en inglés). 2003-01-27. Consultado o 2021-03-19.
  4. admin (2011-04-11). "Elections and the formation of a Cabinet". www.houseofrepresentatives.nl (en inglés). Consultado o 2021-03-19.
  5. 1 2 "Holanda —". aceproject.org. Consultado o 2021-03-19.
  6. admin (2011-04-15). "New members of the House of Representatives". www.houseofrepresentatives.nl (en inglés). Consultado o 2021-03-19.
  7. admin (2011-04-14). "Committees: The backbone of the work of the House of Representatives". www.houseofrepresentatives.nl (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos:

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas:

[editar | editar a fonte]