Proporcionalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A proporcionalidade é unha relación matemática. Defínese como unha relación (no sentido alxébrico) entre magnitudes, e pode ser de varios tipos. Pode ser simple cando se dá entre dúas magnitudes unicamente, ou composta, cando se relaciona máis dunha magnitude. A proporcionalidade simple pode ser directa e inversa. A proporcionalidade simple directa é a relación na que os produtos das cantidades correspondentes é constante. A inversa cando os produtos das cantidades correspondentes é constante. A proporcionalidade múltiple caracterízase polos pares de relacións, por exemplo, para tres magnitudes podemos ter relacionando A con outras dúas B e C: DD (directa-directa), DI (directa-inversa), II (inversa-inversa)