Saltar ao contido

Segestria florentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segestria florentina
 Nome taxon
    Segestria florentina
Pietro Rossi 1790 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseArachnida
OrdeAraneae
FamiliaSegestriidae
XéneroSegestria
EspecieSegestria florentina Editar o valor en Wikidata
Rossi, 1790 Segestria florentina Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/027gfqt Editar o valor en Wikidata
ITIS866787 Editar o valor en Wikidata
OTT617834 Editar o valor en Wikidata
CoL6YBGZ Editar o valor en Wikidata
EOL1184151 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Segestria florentina é a meirande araña europea da familia Segestriidae. As femias poden chegar a medir 14-22 mm de longo, e os machos, algo máis pequenos como en moitos arácnidos, posúe quelíceros en forma de navalla de gran tamaño de cor verde "eléctrico", adoitando medir uns 10-15 mm. Esta especie é máis escura ca outras do seu mesmo xénero.[1]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

De comportamento semellante á araña lobo, a súa técnica de caza consiste na construción de arañeiras tubulares en fendas de muros por cuxa abertura sae a araña por sorpresa para cazar insectos desprevidos. Aliméntase de avespas, abellas e todo insecto que caia na súa arañeira en forma de funil.

Distribución

[editar | editar a fonte]

De orixe mediterránea, introduciuse de maneira accidental nalgunhas illas do Atlántico, na Arxentina e Australia entre outros.