Secundino Rodríguez Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Secundino Rodríguez Eiras
Alcume Cotexo
Nacemento 8 de setembro de 1905
  O Carril
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Secundino Rodríguez Eiras, Cotexo, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 8 de setembro de 1905, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesqueira de Carril adscrito á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse nos montes de Vilagarcía. En xullo de 1937 foi arrestado na Coruña. Xulgado en consello de guerra por rebelión, foi condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por cadea perpetua. Posto en liberdade condicional en 1938, foi arrestado novamente en 1942. Fuxiu con Luís Costa García e Lino Carrión. Integrouse na CNT de Vilagarcía e foi arrestado co seu irmán José María en marzo de 1947. Xulgado en consello de guerra en Vigo en 1948, foi condenado a tres anos de prisión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]