José María Rodríguez Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Rodríguez Eiras
Nacemento12 de agosto de 1905
 O Carril
Falecemento1967
 Trabanca Sardiñeira, O Carril, Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

José María Rodríguez Eiras, Cotexo, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 12 de agosto de 1905 e finado en Trabanca Sardiñeira en 1967, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesquera de Carril adscrito á CNT co seu irmán Secundino. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Declarado en rebeldía en varias causas ao ter fuxido nun barco a Francia. Volveu a Barcelona. Loitou no exército republicano. Detido en Alacant e retomado o seu procesamento en Galicia. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar foi condenado a pena de morte. A condena foi conmutada por cadea perpetua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]