Scribus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scribus logo.png
  Scribus
Scribus-1.3-Linux.png
Captura de pantalla do programa Scribus.
Desenvolvedor: The Scribus Team
Última versión: 1.4.3 (31 de xullo de 2013)
Sistema operativo: Multiplataforma
Xénero: Autoedición, deseño
Licenza: GNU GPL
En galego:
Sitio web: scribus.net (en inglés)

Scribus é un programa de código aberto para autoedición que ofrece un rendemento notábel na creación de publicacións por computadora. Scribus está dispoñíbel en versións nativas para GNU/Linux, Unix, Mac OS X e Windows e brinda capacidades para o deseño e diagramación, similares ás ofrecidas por programas comerciais como Adobe PageMaker, QuarkXPress e Adobe InDesign.

Características[editar | editar a fonte]

A aplicación está deseñada para dar flexibilidade no deseño e a composición, ofrecendo a capacidade de preparar ficheiro para equipos profesionais de filmación de imaxes. Tamén pode crear presentacións animadas e interactivas en PDF e formularios. Entre os exemplos da súa aplicación atópanse pequenos xornais, folletos, boletíns de noticias, afiches e libros.

Scribus soporta a maioría dos principais formatos gráficos ademais de SVG. As súas características profesionais para fontes e imaxes inclúen manexo de cor CMYK e administración de cor ICC. Foi desenvolvido mediante scripting usando Python e está dispoñible en máis de 24 idiomas.

A impresión realízase mediante os seus propios controladores internos de PostScript Nivel 3, incluíndo soporte para fontes incrustadas e axustes con fontes TrueType, Tipo 1 e OpenType. O controlador interno soporta plenamente construcións de PostScript Nivel 2 e un gran subconxunto de construcións de Nivel 3.

O soporte PDF inclúe transparencia, cifrado e un gran conxunto das especificacións de PDF 1.4 así como PDF/X3, incluíndo campos interactivos de formularios PDF, notas e marcas.

O formato dos seus ficheiro está baseado en XML e está totalmente documentado. Pódense importar textos de documentos OpenDocument, como RTF, Doc de Microsoft Word, e HTML (aínda que con algunhas limitacións).

Histórico de versións[editar | editar a fonte]

Orde Data de saída Versión Tipo Notas
1 9 de xuño de 2001 0.3 Desenvolvedor Primeira versión datada atopada por archive.org
2 16 de xuño de 2003 1.0 Estable Primeira versión estable
3 28 de outubro de 2004 1.2.0 Estable Primeira versión estable da serie verán 1.2.xx
4 15 de xullo de 2005 1.3.0 Desenvolvedor Primeira versión en execución en Windows e Mac OS X
5 10 de novembro de 2006 1.3.3.5 Estable Primeira versión estable da serie 1.3.x.x
6 9 de xaneiro de 2007 1.3.3.7 Estable Primeira versión para OS/2
7 15 de mazo de 2007 1.3.3.8 Estable
8 30 de maio de 2007 1.3.4 Desenvolvedor
9 8 de xaneiro de 2008 1.3.3.10 Estable
10 11 de xaneiro de 2008 1.3.3.11 Estable
11 23 de xuño de 2008 1.3.3.12 Estable
12 15 de abril de 2009 1.3.3.13 Estable
13 20 de abril de 2009 1.3.5 Desenvolvedor
14 4 de xuño de 2009 1.3.5 RC2 Desenvolvedor
15 6 de xullo de 2009 1.3.5 RC3 Desenvolvedor
16 8 de novembro de 2009 1.3.5.1 Desenvolvedor
17 28 de xaneiro de 2010 1.3.3.14 Stable versión final da serie 1.3.3.x
18 22 de marzo de 2010 1.3.6 Desenvolvedor
19 5 de xuño de 2010 1.3.7 Desenvolvedor
20 23 de xullo de 2010 1.3.8 Desenvolvedor
21 30 de novembro de 2010 1.3.9 Desenvolvedor
22 18 de febreiro de 2011 1.4.0 RC1 Desenvolvedor
23 8 de marzo de 2011 1.4.0 RC2 Desenvolvedor
24 27 de marzo de 2011 1.4.0 RC3 Desenvolvedor
25 30 de maio de 2011 1.4.0 RC4 Desenvolvedor
26 19 de outubro de 2011 1.4.0 RC6 Desenvolvedor
27 1 de xaneiro de 2012 1.4.0 Estable
28 30 de abril de 2012 1.4.1 Estable
29 14 de janvier 2013 1.4.2 Estable
30 31 de xullo de 2013 1.4.3 Estable

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Scribus

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]