Partido Liberal de Australia (en inglés: Liberal Party of Australia) é un dos grandes partidos político da Australia. Fundado en 1945 para substituír o Partido Unido da Australia, o partido de centro dereita.[1] Partido Liberal é un dos dous principais partidos na política australiana, xunto co Partido Laborista Australiano.
O Partido Liberal é o partido dominante na Coalición co Partido Nacional da Australia, o Partido Rural Liberal do Territorio do Norte e o Partido Nacional Liberal de Queensland. Agás por algúns períodos curtos, o Partido Liberal e os seus antecesores operaron en coalicións semellantes dende a década de 1920. Internacionalmente, o Partido Liberal é afiliado á Unión Demócrata Internacional.
O líder do partido é Malcolm Turnbull e Julie Bishop é a vice-líder. O par foi elixido para os cargos na votación liberal para o liderado do partido en setembro de 2015, no que Turnbul venceu e derrotou aTony Abbott, e, consecuentemente, converteuse en primeiro ministro de Australia.[2]
A ideoloxía do partido é conservadora e conservadora liberal. O Partido Liberal tende a promover o liberalismo económico (que no sentido australiano se refire amercado libre e á intervención mínima do Estado na economía) e óconservadorismo cultural.