Schorndorf, Baden-Württemberg
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
| Rexión administrativa | Rexión de Stuttgart - Regierungsbezirk Stuttgart | ||||
| Distrito rural | Rems-Murr-Kreis | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 40.614 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 56,83 km² | ||||
| Altitude | 256 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Winfried Kübler (pt) Matthias Klopfer (pt) Bernd Hornikel (2021–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 73614 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 07181 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 081195003067 | ||||
| Número de municipio alemán | 08119067 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | schorndorf.de | ||||
Schorndorf é unha cidade alemá, pertencente ao estado federal de Baden-Württemberg. Está situada a uns 30 km de Stuttgart e ten 38.281 habitantes (censo 2012), contando cunha densidade de poboación de 673 habitantes por km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está situada na profundidade do val do Rems, ademais de estar rodeada polos montes Schurwald (ao sur), Berglen e Welzheimer (ao norte). Das montañas do norte veñen dous afluentes pequenos do Rems, o Schornbach e máis o Wieslauf. O Rems cruza Schorndorf do leste ao oeste deixando a cidade vella ao sur.
Cidades lindeiras, enunciadas no sentido do reloxo e comezanto polo oeste, son: Winterbach, Remshalden, Berglen, Rudersberg, Welzheim, Urbac, Adelberg, Wangen e Uhingen, así como Lichtenwald.
A cidade está formada pola Kernstadt (centro) e outros sete distritos ou barrios, que son Buhlbronn, Haubersbronn, Miedelsbach, Oberberken, Schlichten, Schornbach und Weiler/Rems. Estes barrios están subdivididos noutras zonas máis pequenas e coñecidas con outros nomes.
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais do 7 de maio de 2009, nas que houbo unha participación do 47,77%, os 32 escanos repartíronse da seguinte maneira:
- CDU 9 escanos (27,95%),
- SPD 9 escanos (26,42%),
- FDP-FW 8 escanos (24,71%),
- Grüne 5 escanos (15,11%)
- UB 1 escanos (5,81%).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Schorndorf, Baden-Württemberg |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre o barrio Schlichten e o Nassachtal
- Visita de esculturas SchorndorfArquivado 28 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
