Sauvignon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cacho de Sauvignon blanc.
Nos viñedos de Sancerre, coma noutros lugares, acostúmanse plantar roseiras arredor das videiras de Sauvignon blanc vines coma detector temperán do oídio.

Sauvignon blanc é unha uva branca orixinaria de Francia, de pequeno tamaño, forma elíptica e pel de grosor medio de cor amarela dourada, de cultivo moi estendido e utilizada especialmente na rexión de Bordeos e no val do Loira[1].

Este bago, está considerado, despois da chardonnay, a variedade máis fina entre as cepas brancas de orixe francés. Outros nomes cos que se coñece á sauvignon son: fumé blanc, muskat sylvaner e puinechou.

Características[editar | editar a fonte]

É unha planta resistente ao frío. Agroma cedo. O acio é de tamaño mediano e forma cilíndrica. As bagas son de tamaño mediano, forma redonda e cor amarela-dourada. Produce viños elegantes, secos e acedos.

Orixe e extensión[editar | editar a fonte]

É unha variedade vinífera procedente da rexión de Bordeos, en Francia.

Outros lugares do "Novo Mundo" do viño onde pode atoparse son: Arxentina, Australia, Chile, Uruguai, Nova Zelandia ou Suráfrica.

En España, a sauvignon blanc é unha variedade de uva para vinificación recomendada nas comunidades autónomas españolas de Cataluña, Estremadura e Comunidade Valenciana. Está autorizada en Andalucía, Aragón, Baleares, Castela-A Mancha, Castela e León, Rexión de Murcia, Comunidade Foral de Navarra, País Vasco e A Rioxa, segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de videira, do Real Decreto 1472/2000, de 4 de agosto, que regula o potencial de produción vitícola. Porén, o lugar no que máis se cultiva é a DO Rueda, así como na DO Penedès. Na primeira delas adóitase mesturar con verdello.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega