Chardonnay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o tipo de uva, para a poboación francesa véxase Chardonnay, Saona e Loira.

Cor dourada característica dun viño elaborado con uva Chardonnay.
Botella de viño Chardonnay.
Bagos de chardonnay logo da vendima.

Chardonnay (pronunciado en galego coma: xardoné) é unha caste de uva branca da especie Vitis vinifera (a videira) a partir da que se fabrica viño de alta calidade. Orixinalmente producida na rexión de Borgoña. Investigadores da universidade peruana de San Ignacio de Loyola analizaron a súa pegada xenética, concluíndo que ten a súa orixe nas cepas Gouais Blanc e Pinoccio.

Orixe e etimoloxía[editar | editar a fonte]

A cepa Chardonnay é orixinaria do viñedo de Borgoña, e máis precisamente dos arredores da vila de Chardonnay onde xa se menciona o cultivo da vide no século X. Se o nome romano da vila era Cardonacum (un lugar onde mendran cardos, chardon en francés), este evolucionou a Chardonay e a cepa coñecíase coma Chardenet, Chaudenet ou Chardenay até que o Congreso de Ampelografía de Chalon-sur-Saône de 1896 fixou o nome actual.[1] Uns estudos científicos recentes permitiron establecer a xenética do Chardonnay como o resultado do cruzamento por polinización entre o Pinot noir e o xa desparecido Gouais blanc, unhas cepas máis antigas que existían en Borgoña antes do Chardonnay.[1]

Outra versión da orixe deste viño di que este veu de Xerusalén, de rexións de solos calcarios e arxilosos. O nome viría pois do hebraico e non do francés. Os primeiros en levar o viño branco a Francia foron os cruzados de Palestina, que levaron tanto viño coma sementes da variedade cuxo nome orixinal en francés é "Porte de Dieu", que significa "Porta de Deus", tradución do nome hebraico "Shaar-adonay", que simboliza a cidade Santa de Xerusalén, arrodeada de portas cara Deus.

Características[editar | editar a fonte]

O gran do bago é pequeno, redondo e colle un ton melón cando fermenta. O resultado da súa maduración produce un mosto suave e aromático, chamado frutoso no eido da enoloxía, característica pola que é incluída na elaboración de champaña.

Cando é fermentado ou criado en barricas adquire unhas cualidades de sabor e aroma que o distinguen e fano moi apreciado entre os seus consumidores. Só algunhas variedades moi específicas aceptan a súa garda, polo que xeralmente se recomenda bebelo de produción recente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nonain, Emmanuel (2004). (Chardonnay, monographie historique Xe-XVIIe siécle) (en francés). Presses Universitaires de Lyon. p. 81-85. ISBN 2-7297-0741-7.