Satyrium esculi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Satyrium esculi é unha especie de insecto lepidóptero da familia Lycaenidae, subfamilia Theclinae e xénero Satyrium.

Denominación[editar | editar a fonte]

Satyrium esculi foi descuberta por Jakob Hübner en 1804.[1]

Sinónimo: Thecla esculi Hübner, 1804.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha pequena bolboreta coa parte superior de cor marrón, cunha cola nas ás posteriores, e a femia posúe unha discreta marca cor cobriza nas ás anteriores. Na femia de Satyrium esculi f. powelli e de Satyrium esculi f. ilioides a á anterior é cobre bordeada de marrón e a á posterior posúe unha liña submarxinale de manchas cor laranxa.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

As eirugas son atendidas polas formigas Crematogaster cruentatus[3]

Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]

Voltinismo - Voa nunha xeración entre maio e agosto, dependendo da súa latitude.[4]

Plantas hospedeiras[editar | editar a fonte]

As súas plantas hóspedes son Quercus (Quercus ilex e Quercus coccifera).[5]

Ecoloxía e distribución[editar | editar a fonte]

Está presente en África do Norte (Tunes, Alxeria e Marrocos), na Península Ibérica, no sur de Francia e nas illas Baleares, en Eivisa e Mallorca.[4]

Biotopo[editar | editar a fonte]

É un lepidóptero que habita entre maleza con flores e bosques caducifolios ou mixtos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.pyrgus.de/Satyrium_esculi_en.html Satyrium esculi
  2. (en inglés) funet
  3. http://www.faunaeur.org/full_results.php?id=441172 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Datos taxonómicos
  4. 4,0 4,1 ISBN 978-2-603-01649-7
  5. Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux y Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7 - páxinas 68-69.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]