Santuario de Santa María a Real do Cebreiro
Santuario de Santa María a Real do Cebreiro | |
---|---|
Vista frontal | |
País | España |
Localización | O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) |
Coordenadas | 42°42′28″N 7°02′36″O / 42.707777777778, -7.0433333333333 |
Diocese | diocese de Lugo |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Santuario de Santa María a Real do Cebreiro é un templo católico situado na parroquia do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) na comarca dos Ancares.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada polo Conde de Aurillac, e inicialmente formaba parte dun mosteiro. É un dos monumentos máis antigos da vía francesa do Camiño de Santiago, atribuíndoselle unións á lenda do Santo Graal. Esta relación aparece reflectida no escudo de Galicia.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa é de estilo prerrománico, e ten a súa orixe no século IX. Ten nave rectangular, cuberta a dúas augas e cuberta de tella. A fachada non é a orixinal, senón que foi reconstruída posteriormente. Está formada por tres naves separadas por piares e rematada en tripla cabeceira.
Entre o patrimonio moble do templo, está unha pía bautismal de inmersión do século XVIII, un cáliz do século XII, a patena e unhas ampolas de cristal de rocha bañadas en prata doadas por Isabel a Católica na súa visita en 1486.
Lenda
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Hai diversas tradicións orais relativas ao templo. Ao parecer, antigamente os monxes do mosteiro facían soar a campá para orientar os peregrinos nos días de néboa. Outra lenda relata un milagre: un veciño ía sempre a misa, xa chovese, tronase ou nevase, e o sacerdote ríase del, até que un día, ao recibir a eucaristía, o pan e o viño convertéronse en carne e sangue de verdade. A mesma tradición di que os dous sepulcros antropomorfos do templo son os do sacerdote e o campesiño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista do interior
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Santuario de Santa María a Real do Cebreiro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.