Santiago Durán y Lira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 Illa de San Simón, España |
Morte | 21 de novembro de 1881 (62/63 anos) Manila, Filipinas |
Senador de España | |
Ministro de Mariña de España | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político, oficial da armada |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Carreira militar | |
Rango militar | contraalmirante |
Premios | |
Santiago Durán y Lira, nado na illa de San Simón (Redondela) en 1818 e finado en Manila (Filipinas) en 1881, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de mariño, ingresou na Real Armada Española como gardamariña no ano 1834. No 1841 foi destinado á Habana como axudante de derrota e profesor dos gardamariñas, permanecendo alí ata 1848. Regresou á península en 1851 onde continuou coa usa carreira na Armada ao mando de diferentes buques.
No 1868 foi nomeado Comandante de Mariña na provincia de Barcelona, ata que no 1869 foi ascendido a contraalmirante, sendo nomeado Comandante Xeneral interino de Ferrol. Ocupou a carteira de Ministro de Mariña no 1875 e máis tarde entre 1879 e 1881 no goberno de Cánovas del Castillo. Ao deixar o ministerio, o rei Afonso XII nomeouno membro do Conselleiro de Estado.
O seu último destino foi nas illas Filipinas, onde exerceu como Comandante Xeneral do Apostadeiro das Illas Filipinas.
Distincións
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Real Orde Americana de Isabel a Católica
- Gran Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenegildo
- Cruz de Distinción da Mariña
- Cruz da Real e Militar Orde de San Fernando de 1ª Clase
Predecesor: Antonio Cánovas del Castillo |
Ministro de Mariña 8 de xuño de 1875 – 1 de abril de 1876 |
Sucesor: Juan Bautista Antequera y Bobadilla |
Predecesor: Francisco de Paula Pavía Pavía |
Ministro de Mariña 9 de decembro de 1879 – 8 de febreiro de 1881 |
Sucesor: Francisco de Paula Pavía Pavía |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Don Santiago Durán y Lira, no blog Historia Naval de España, 21 de xaneiro de 2010 (en castelán).