Juan Bautista Antequera y Bobadilla
Juan Bautista Antequera y Bobadilla | |
---|---|
Nome completo | Juan Bautista Antequera y Bobadilla |
Nacemento | 1 de xuño de 1823 |
Lugar de nacemento | San Cristóbal de La Laguna |
Falecemento | 1890 |
Lugar de falecemento | Alhama de Murcia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e oficial da armada |
Premios | Cruz Laureada de São Fernando, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Order of Saint Hermenegild e Ordem de Carlos III |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Bautista Antequera y Bobadilla nado en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife o 1 de xuño de 1823 e finado en Alhama de Murcia, Murcia no 1890. Foi un militar e político español, Vicealmirante da Armada Española e Ministro de Mariña.
Carreira militar[editar | editar a fonte]
Ingresou na Real Armada Española como gardamariña en 1838. Distinguiuse nos sitios das sublevadas Alacant e Cartagena, polo que lle foi concedida a Cruz de San Fernando. Ao mando do bergantiño Galiano na Habana loitou contra as expedicións piratas. Na guerra de África, en 1859, tomou parte nos combates de Río Martín, Larache e Arcila, séndolle concedido polo seu comportamento o emprego de Coronel de Infantaría de mariña. Durante a guerra hispano-suramericana de 1865, tomou o mando da fragata blindada Numancia ás ordes do Almirante Casto Méndez Núñez asistindo ao bombardeo de Valparaíso e ao combate do Callao. Efectuou co seu buque a viaxe de circunnavegación á terra.
Xa co emprego de Contralmirante, foi nomeado Comandante Xeral do Apostadeiro de Filipinas.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Foi elixido senador do Reino pola provincia das Canarias nas Cortes de 1871, 1872 e 1876, por Alacant en 1877 e nomeado senador vitalicio en 1884.[1]
Como Ministro de Mariña, foi o creador da Revista Xeral de Mariña, a Colección Lexislativa, códigos e regulamentos.
Foi inhumado no Panteón de Mariños Ilustres o 4 de setembro de 1922.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Antequera y Bobadilla, Juan Bautista". Senado.es (en castelán). 2 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
Predecesor: José María Beránger Ruiz de Apodaca |
Ministro de Mariña 1870 - 1871 |
Sucesor: José María Beránger Ruiz de Apodaca |
Predecesor: Santiago Durán y Lira |
Ministro de Mariña 1876 - 1877 |
Sucesor: Francisco de Paula Pavía y Pavía |
Predecesor: Carlos Varcarcel y Ussel de Guimbarda |
Ministro de Mariña 1884 - 1885 |
Sucesor: Manuel de la Pezuela y Lobo |