Sante Ceccherini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sante Ceccherini
Italian Team in Bucharest 1912.jpg
Nacemento15 de novembro de 1863
Lugar de nacementoIncisa in Val d'Arno
Falecemento9 de agosto de 1932
Lugar de falecementoMarina di Pisa
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónmilitar, político e esgrimista
editar datos en Wikidata ]

Sante Lorenzo Minotti Ceccherini, nado en Incisa in Val d'Arno o 15 de novembro de 1863 e finado en Marina di Pisa o 9 de agosto de 1932, foi un militar e tirador de esgrima italiano, merecente de tres medallas de prata ao valor militar e gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio militar de Florencia desde os quince anos, seguindo despois os seus estudos na Academia Militar de Módena, ascendendo a subtenente en 1884 e prestando servizo no corpo dos Bersaglieri.

Esgrimista de sona, dedicouse á actividade deportiva. O título de campión de Italia valeulle a promoción a capitán en 1897. Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 en Londres logrando a medalla de prata en sabre por equipos. En 1910 ascendeu a maior. En 1912 participou na Guerra Italo-Turca, mandando un batallón do 11º Rexemento Bersaglieri, recibindo unha medalla de prata e unha de bronce ao valor militar. Durante a primeira guerra mundial comandou o 12º Rexemento bersaglieri e pola súa actuación na Segunda Batalla do Isonzo recibiu outras dúas medallas de prata e acadou o grao de xeneral. Despois do conflito acolleuse ao chamamento de Gabriele D'Annunzio a unirse á Impresa di Fiume, onde xa participaba un fillo seu.

No ano 1922 participou na Marcha sobre Roma, uníndose á Lexión Toscana. Dous anos despois foi promovido a tenente xeneral confiándolle o comando da Milicia Voluntaria para a Seguridade Nacional da Toscana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Giorgio Rochat, Sante Ceccherini no Dizionario Biografico degli Italiani, Roma, Istituto dell'Enciclopedia Italiana, 1979, Vol. 23.