Sangonera la Seca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°58′00″N 01°14′00″O / 37.96667, -1.23333 Sangonera la Seca é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia. Atópase a 11 km de Murcia e sitúase a unha altitude media de 100 metros sobre o nivel do mar.

Ten unha extensión de 74,208 km², sendo a pedanía máis extensa do concello. Limita coas pedanías de Cañada Hermosa e Barqueros e o concello de Alcantarilla ao norte, coas pedanías de Nonduermas, San Ginés e Sangonera la Verde ao leste, coa pedanía de Carrascoy-La Murta ao sur e cos concellos de Librilla e Alhama de Murcia ao oeste.

Contaba en 2008 cunha poboación de 5.036 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]