Churra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 38°01′19″N 01°08′22″O / 38.02194, -1.13944

Igrexa da Virxe da Encarnación.

Churra é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia, que conta con Xunta Municipal. Atópase a 3,5 km de Murcia e sitúase a unha altitude media de 57 metros sobre o nivel do mar.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha extensión de 5,6 km². Limita ao norte co concello de Molina de Segura e coas pedanías de Cabezo de Torres ao leste, El Puntal ao oeste e Santiago y Zaraiche ao sur.

Demografía[editar | editar a fonte]

Contaba en 2014 cunha poboación de 7.066 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación, sendo os principais: Churra, El Castellar, la Senda de Granada y Torre Alcayna.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada durante a dominación islámica ao redor do século IX e, desde entón a súa historia estivo sempre moi ligada á de Murcia, converténdose en pedanía desta no século XVIII. Na pedanía pódense atopar algúns vestixios da súa historia, como poden ser as canles de rega Nova e Vella e a Casa Torre Alcayna.

Recentemente incrementou a súa superficie construída coa creación de modernas urbanizacions e, sobre todo, coa construción dos centros comerciais Thader e Nueva Condomina, así como o novo estadio de fútbol do Real Murcia chamado tamén Nueva Condomina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]