La Albatalía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de La Albatalía no concello de Murcia.

La Albatalía é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia. Atópase a 1,5 km ao oeste de Murcia.

Contaba en 2008 cunha poboación de 2.188 habitantes e ten unha extensión de 1,92 km². Limita cos barrios de Espinardo ao nordés e cos de San Andrés e San Antón ao leste. Ademais tamén limita coas pedanías murcianas de Guadalupe ao noroeste e La Arboleja ao sur.

O sector predominante desta pedanía é a industria manufactureira. O comercio e a hostalaría tamén teñen relevancia e xa, nun segundo plano, sitúanse a construción e a agricultura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]