San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade
San Xurxo de Sacos | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°30′36″N 8°31′14″O / 42.50993034, -8.52064032 |
Área | 12,5 km² |
Poboación | 499 hab. (2019) |
Densidade | 39,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xurxo de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia, no lugar de Fentáns, atópase a coñecida como Pedra das Ferraduras, unha gran rocha de granito que presenta unha combinación de círculos concéntricos e no seu anel exterior pegadas de cérvidos e bóvidos; un bo exemplo dos petróglifos do val do río Lérez. Tamén a Laxe do Cuco, da idade de bronce, con figuras de cérvidos e combinacións circulares e a Pedra do Lombo da Costa, con máis de 30 metros cadrados e máis de 20 rochas gravadas. Tamén se atopa nesta parroquia a Eira dos Mouros, outro petróglifo que xa foi documentado por Murguía na súa obra Historia de Galicia.
Cruzando o río Lérez, está a ponte de San Xurxo, ponte de cantería do século XVIII con arco de medio punto. Tamén existe unha antiga reitoral dos séculos XVII-XVIII, convertida nunha casa rural.
A súa igrexa parroquial está no lugar de Fontán. Hai tamén tres pequenas capelas en Cuspedriños, Fentáns e na Carballeira do San Xusto.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Carballeira de San Xusto.
- Balneario de San Xusto, un balneario de augas sulfuro-fluoradas que nacen entre unhas rocas na marxe do río Lérez. Estas augas foron, e son, recomendadas polos médicos para diferentes doenzas, especialmente as cutáneas. Hai tempo facíase un xabrón de sales moi coñecido.
Festas
[editar | editar a fonte]- Romaría dos Santos Xusto e Pastor: celebrada na capela da carballeira de San Xusto, o primeiro venres e sábado de agosto.
- San Xurxo, festa patronal, 23 de abril.
- Virxe do Carme, en Cuspedriños, 16 de xullo.
- Inmaculada Concepción, en Cutián, 8 de decembro.
- A Candeloria, en Fentáns, 2 de febreiro.
- As Neves, en Fentáns, 5 de agosto.
- Os Remedios, en Fentáns, 8 de setembro
- Santa Bárbara, en Cuspedriños, 4 de decembro.
San Xusto de Sacos na literatura popular
[editar | editar a fonte]- A Carballeira do San Xusto,/ ten ó lado unha xesteira/ onde hei de botar a noite/ cunha mociña solteira.
- Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla.
- Carballeira de San Xusto,/ carballeira enramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla [3].
- Carballeira de San Xusto/ moitos arrodeos ten,/ se non fora polos Santos/ alá non iba ninguén.
- Carballeira do San Xusto,/ Carballeira do San Xusto,/ naquela carballeiriña/ hei de beilar ó meu gusto.
- Carballeira do San Xusto,/ carballeiriña famosa,/ naquela carballeiriña/ perdín eu a miña rosa.
- O castaño do San Xusto/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha noite de xiada.
- San Xusto e San Pastor/ andan polos cotos/ para dar gracias ós forasteiros/ e curar ós coxos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade.
-
Campo da feira en Cuspedriños.
-
Carballeira de San Xusto.
-
Laxe das Rodas - Grupo XXIX do Outeiro do Lombo da Costa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xurxo de Sacos
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Barbeitos | Calva da Viña | Cuspedriños | Cutián | Fentáns | Fontán | Lombo do Muíño | A Longa | Mirón | O Outeiro | San Xurxo |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 257.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade |