San Vitoiro da Mezquita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
San Vitoiro da Mezquita
Diocese: Ourense
Arciprestado: Allariz
Área: - km²
Poboación: 148 hab. (2015)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 8

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia eclesiástica galega pertencente ao arciprestado de Allariz da diocese de Ourense. A maior parte do seu territorio pertence ao concello de Allariz, sete dos oito lugares que a compoñen están neste concello: Celeiros, Condes, A Coruxeira, As Cruces, A Pedreira, San Vitoiro e As Tabernas; mentres que só un lugar, Celeiros, pertence ao concello da Merca[1], que na realidade forma un único núcleo co lugar homónimo de Allariz.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita coa parroquia allaricense de San Mamede de Urrós ao sur e coa da Mezquita, na Merca ao oeste. Ao norte e ao leste, limita co concello de Taboadela.

É unha parroquia bastante chá, lindada ao oeste por un río pequeno que vai afluír ao Arnoia. Ao leste da parroquia, xusto polo bordo co concello de Taboadela, decorre a autovía A-52 que une Ourense coa Meseta.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE[2], só estarían habitados catro dos oito lugares da parroquia: Celeiros (A Merca) (3), A Coruxeira (17), San Vitoiro (119) e A Pedreira (9), o que fai un total de 148 habitantes (69 homes e 79 mulleres). Isto supón un descenso con respecto ao ano 2006, cando tiña 159.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]