Paradela, Meis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paradela
Meis, Paradela 01-02.JPG
Santa María de Paradela
Concello Meis
Poboación 934 hab. (2016)
Entidades de poboación 26

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O pazo da Moroza é do século XVI. Ten planta en L, cunha torre ameada de tres pisos con dúas seteiras nos laterais. Pegada a ela hai unha plataforma elevada a xeito de zócolo. Na fachada ten gárgolas de pedra que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada. No interior consérvanse camas con dosel, a antiga lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca. O recinto ten unha capela unida ao muro exterior, un pombal circular e un hórreo.

No lugar de Outeiro hai un peto de ánimas incrustado no muro dunha casa, cun nicho rematado en arco de medio punto cunha cruz. A fornela conserva restos de policromía.

Paradela na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Paradela[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Paradela no concello de Meis (Pontevedra)

A Goulla | A Modia | A Moroza | A Raxadoira | As Portelas | Carregal | Casal do Río | Granxa do Sol | Lantañón | Liñares | Louriño | Mouxán | Muíño de Arriba | O Casal | O Cuartel | O Lugar | O Noval | Outeiro | Pedreira | Penaboi | Pompeán | Ponte Nova | Quintáns | Señoráns de Abaixo | Señoráns de Arriba | Vilanoviña

Parroquias de Meis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala.