Saltar ao contido

San Miguel de Lillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSan Miguel de Lillo
(es) San Miguel de Lillo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoigrexa
monumento
patrimonio histórico español Editar o valor en Wikidata
EpónimoArcanxo Miguel Editar o valor en Wikidata
Parte deMonumentos de Oviedo e do Reino de Asturias Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMonte Naranco Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLillo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°22′49″N 5°52′06″O / 43.3803, -5.8683
Características
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio
Data7 de xuño de 2009
Data de remate27 de novembro de 2014
Identificadoriglesia-de-san-miguel-de-lillo
Ben de interese cultural
Data24 de xaneiro de 1985
IdentificadorRI-51-0000046
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1985 (9ª Sesión)
Identificador312-001
Ben de interese cultural
Data24 de xaneiro de 1885
IdentificadorRI-51-0000046
Historia
Data de creación ou fundaciónséculo IX Editar o valor en Wikidata
Actividade
FundadorRamiro I de Oviedo Editar o valor en Wikidata

Sitio websantamariadelnaranco.blogspot.com Editar o valor en Wikidata

San Miguel de Lillo (en asturiano: Samiguel de Lliño) é unha igrexa prerrománica dedicada a San Miguel Arcanxo, construída polo rei Ramiro I no monte Naranco, nos arredores de Oviedo (Asturias). Atópase a escasos metros da igrexa de Santa María do Naranco. Posibelmente é a que, segundo a crónica Albeldense, este monarca mandou construír xunto aos seus palacios, con función de igrexa palatina. En principio, puido estar dedicada a Santa María e San Miguel.

Declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1985.[1] En xaneiro de 2009, advertiuse un inminente derrumbamento da estrutura e dunha deterioración case irreparable en xeral das pinturas por mor da gran humidade que a asola.[2] No ano 2011 leváronse a cabo unhas obras de restauración.[3]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
Planta da igrexa.

Orixinalmente tivo planta basilical de tres naves, pero só se conserva unha terceira parte da súa lonxitude, porque durante o século XIII ou comezos do XIV arruinouse a causa das malas condicións do chan. Consérvase unicamente o vestíbulo e o arrnque das súas tres naves. Sobre o primeiro atópase a tribuna real, franqueada a ambos os lados por dúas pequenas estancias.

A cuberta está abovedada, mediante un sistema complexo de bóvedas de medio canón. As naves están separadas por arcos que descansan en columnas, feito inusitado na arte asturiana, xa que o habitual era o uso do piar como soporte. Estas columnas apóianse en altas basas cadradas que acollen decoración escultórica de arcos que encadran figuras.

Está realizada na súa meirande parte de perpiaño. As ventás presentan belas celosías talladas en pedra. A construción resulta esvelta e amosa certo interese do seu autor polas proporcións, posto que a súa altura é o triplo da anchura das súas naves.

Relevo na xamba.

Decoración escultórica

[editar | editar a fonte]

Moi destacábel é a decoración escultórica en relevo; especialmente a das xambas da porta de entrada, posibelmente inspirada nun díptico consular bizantino do século VI, pertencente ao cónsul Areobindo, que se conserva no Museo de San Petersburgo.

Toda a decoración escultórica en xambas, basas e capiteis denota unha forte influencia bizantina, oriental e incluso lombarda, presentando un certo encanto primitivista e antinaturalista.

Decoración pictórica

[editar | editar a fonte]

Quedan restos da decoración pictórica mural na que se poden distinguir dous tipos; a decorativa imita á da época de Afonso II visíbel en San Xián dos Prados, pero existen outras totalmente novidosas coa figura humana como tema principal. Estas pinturas son visíbeis no muro sur da nave sur e no muro leste da mesma nave.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Monuments of Oviedo and the Kingdom of the Asturias". UNESCO Culture Sector. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  2. «San Miguel de Lillo, al borde de la ruina Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine.», reportaxe do 28 de xaneiro de 2009, con fotos das zonas en mal estado Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  3. "San Miguel de Lillo reabre al público tras más de cuatro meses cerrado por obras". elcomercio.es. Consultado o 20 de setembro de 2021.