San Martiño de Grou, Lobeira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Martiño de Grou.
| San Martiño de Grou | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | Lobeira[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 41°56′49″N 8°03′04″O / 41.94688859, -8.05111852 |
| Poboación | 10 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Grou é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Lobeira. Segundo o IGE[2] en 2021 tiña 9 habitantes (4 homes e 5 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación[3], o lugar de Cabaleiros. Este lugar xunto co do Valoiro da parroquia homónima do concello de Lobios, forman a parroquia eclesiástica de San Martiño de Grou do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense.
San Martiño na literatura popular
[editar | editar a fonte]- O lugar de Cabaleiros/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ coma o salgueiro no río [4].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Martiño de Grou
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Martiño de Grou no concello de Lobeira (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Lobeira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Cabaleiros é o único lugar da parroquia de San Martiño de Grou, no concello de Lobeira. Porén, Xaquín Lorenzo afirma que é o nome que recibe a terra onde asenta a parroquia, formada polos lugares de Valdoi, Paraño, Mosteiro e Valoiro. Hoxe os tres primeiros lugares xa non existen (na Limia Baixa) e O Valoiro é lugar da parroquia de San Martiño de Grou de Lobios.