Saltar ao contido

Parada, Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parada
ConcelloLobeira[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°00′42″N 8°02′19″O / 42.01166667, -8.03861111
Poboación38 hab. (2022)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 103 habitantes, dos cales 49 eran homes e 54 mulleres.

[editar | editar a fonte]
  • Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [2].
  • Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [3].
  • Hei de ir ao San Roque a Lobios/ i á Santa Eufemia a Parada,/ que as mociñas de Lubeira/ son as da chave dourada [4].
  • O San Lorenzo nas Quintas/ i a Santa Eufemia en Parada;/ as mociñas de Facós/ son as da chave dourada [5].
  • Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [6].

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Parada

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Parada no concello de Lobeira (Ourense)

Parada do Monte | Taboazas

Parroquias de Lobeira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobeira

A Fraga (San Bartolomeu) | Lobeira (San Vicente) | Monte Longo (Santa Cristina) | Parada (Santa Eufemia) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Xes de Vilariño (San Xes) | Santa Comba (San Trocado) | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: Lovios. Xaquín Lorenzo explica que son as festas de Lobios (aínda que a parroquia está baixo a advocación de San Miguel) e de Parada (do Monte), esta no concello de Lobeira. As festas son o 17 de agosto e o 16 de xullo, respectivamente.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. As Quintas é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira); Santa Eufemia de Parada é parroquia do concello de Lobeira; e Facós é un lugar da parroquia e concello de Lobeira.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]