San Martiño de Grou
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Martiño de Grou.
| San Martiño de Grou | |
|---|---|
| Diocese: | Ourense |
| Arciprestado: | Baixa Limia |
| Área: | 1,22 km² |
| Poboación: | 15 hab. (2021) |
| Densidade: | 12,3 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 2 |

San Martiño de Grou é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense. Ten as súas terras e os seus dous lugares repartidos entre os concellos de Lobeira e Lobios[1]. No ano 2021 tiña 15 habitantes dos cales 7 eran homes e 8 mulleres[2], o que supón un descenso con respecto ao ano 2007, cando tiña 40 habitantes.
O lugar de Cabaleiros pertence ao concello de Lobeira e o do Valoiro pertence ao concello de Lobios. Limita coas parroquias homónimas de Santa Cruz de Grou, en Lobeira, e de San Mamede de Grou, en Lobios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09.