San Lourenzo de Pentes, A Gudiña
San Lourenzo de Pentes | |
---|---|
Vista da aldea | |
Concello | A Gudiña[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°59′49″N 7°12′52″O / 41.996913888889, -7.2145416666667 |
Poboación | 63 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Pentes é unha parroquia do concello da Gudiña, situada a uns 11 km ao suroeste da capital do concello. Segundo o IGE tiña 63 habitantes no 2014 (32 homes e 31 mulleres), 19 menos ca en 2011.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten paisaxe montañosa con diversos tipos de árbores, como piñeiros, carballos ou castiñeiros. Percorren a parroquia o río Mente e o río Ribeiriña. Hai bastantes camiños e rutas polas cales se pode pasear ou facer sendeirismo.
Pola parroquia pasa a vía da Prata do Camiño de Santiago, amais da estrada N-525 e a autovía A-52.
Ademais do núcleo de San Lourenzo existiu a aldea da Xestosa, despoboado na actualidade, pero do cal se conservan restos.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura, malia non estar industrializada, ten certa relevancia: Ademais de froitos como a castaña, mazá, pera, figo, bévera, marmelo, pavía, kiwi, ou cereixa, hai outros produtos como a pataca, o millo, ou o centeo e outros cultivos hortícolas de menor extensión e relevancia.
Na parroquia hai unha canteira da que se obtén a pedra verdidourada, empregada para revestimentos de fachadas, casetas ou muros, e é usada tanto na zona como para a exportación.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa
-
Escola
-
Cemiterio
-
Casas
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Lourenzo de Pentes
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Lourenzo de Pentes no concello da Gudiña (Ourense) | |
---|---|
Parroquias da Gudiña
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Lourenzo de Pentes, A Gudiña |