Illa Samar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Samar»)
Samar
Marabut en Samar
Situación
País Filipinas
ArquipélagoIllas Visayas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas12°03′N 125°07′L / 12.050, -125.117
Xeografía
Superficie13.428´8[1] km²
Perímetro800´6 km.
Punto máis alto846 m. Monte Capotoan
Demografía
Poboación1.751.267 hab. (2010)[2]
Densidade130´4 hab./km²

Samar é unha illa filipina pertencente ás Visayas. É a máis oriental do grupo, e divídese en tres provincias, Samar do Norte, Samar Occidental, e Samar Oriental; as principais cidades son Catbalogan, Catarman, e Calbayog.

Historia[editar | editar a fonte]

Samar foi a primeira illa de Filipinas avistada pola expedición española de Fernão de Magalhães o 16 de marzo de 1521 logo de deixar as Illas Marianas. Ao decatarse de que chegara a un arquipélago, cartografiou ás illas como "San Lázaro", porque foron avistadas o sábado día de San Lázaro. Aínda que Samar foi a primeira illa de Filipinas avistada por Magalhães, non desembarcou e seguiu navegando cara ao sur ata que, logo de fondear na illa de Suluan, finalmente desembarcou na illa de Homonhon o 17 de marzo de 1521.[3]

Administración[editar | editar a fonte]

O 19 de xuño de 1965, a través da Lei da República Nº 4221, Samar dividiuse en tres provincias: Samar do norte, Samar occidental e Samar oriental coas cidades de Catarman, Catbalogan e Borongan como as súas capitais, respectivamente. Estas tres provincias, xunto coas provincias das illas próximas de Leyte e Biliran, son parte da rexión de Visayas oriental.[4] Polo tanto, o 19 de xuño é un día festivo non laborable nas devanditas provincias.

Economía[editar | editar a fonte]

O arroz, e a raíz dos cultivos, tamén prodúcense cáñamo e copra. A madeira é unha industria importante, e existen minas de mineral de ferro, carbón, fosfato e cromita. A agricultura esta limitada pola frecuencia dos tifóns. Aínda que non é moi montañoso, Samar é accidentada. As atraccións turísticas inclúen o Parque Nacional de Sohoton na parte meridional da illa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2010 Philippine Yearbook" (PDF) (23rd ed.). Manila, Philippines: National Statistics Office. ISSN 0116-1520. Consultado o 2015-12-14. 
  2. "Population and Annual Growth Rates for The Philippines and Its Regions, Provinces, and Highly Urbanized Cities" (PDF). 2010 Census and Housing Population. National Statistics Office. Consultado o 18 de setembro de 2015. 
  3. Parr, Charles McKew So Noble a Captain: The Life and Times of Ferdinand Magellan Thomas Y. Crowell, New York, 1953. p.431
  4. http://www.chanrobles.com/republicacts/republicactno4221.html#.WUcsVdkayc0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]