Salgadura (miniserie)
Salgadura | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Salgadura |
Director | Jesús Font |
Guión | Miguel-Anxo Murado Carme Abarca |
Intérpretes | Luís Iglesia María Castro Luis Zahera Belén Constela |
Estudio | Continental Producciones Dream Team Concept |
Distribuidora | TVG TV3 |
Estrea | 1º parte: 24 de setembro de 2013 2º parte: 1 de outubro de 2013 |
Orixe | Galicia Cataluña |
Xénero | Drama, histórico |
Orzamento | €181 034[1] |
Na rede | |
Salgadura (en catalán: Salaó) é unha miniserie histórica galega-catalá dirixida por Jesús Font e producida por Continental Producciones e Dream Team Concept que foi estreada no 2013 a través da TVG en dous episodios. Conta a historia da familia Roig, inspirada na familia Massó, que a finais do século XVIII e comezos do XIX fixo unha sorte de imperio da industria da salgadura galega. Está protagonizada por Luís Iglesia, María Castro, Luis Zahera e Belén Constenla. Foi rodada no Grove.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado. Roig é un liberal perseguido polo exército que non ten cartos. Gallup dálle un ano para facer que a súa salgadura galega dea beneficios e só despois poderá pedirlle a man da filla.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Joan Carrera como Joan Roig
- Luis Zahera
- Luís Iglesia
- Ricardo de Barreiro
- María Castro
- Belén Constenla
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor guión | Miguel Anxo Murado e Carmen Abarca | Nomeados |
Mellor dirección de produción | Carlos Amoedo | Nomeado | |
Mellor dirección artística | Marta Villar | Gañadora | |
Mellor música orixinal | Xavier Font | Nomeado | |
Mellor son | David Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño | Gañadores | |
Mellor fotografía | Marta Villar | Nomeada | |
Mellor deseño de vestiario | María Gil e Sonia Segura | Gañadores | |
Mellor filme de televisión | Continental Producciones, Dream Team Concept, TVG e TV3 | Nomeados |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Mar libre, miniserie de 2010