Encóntrase na reserva da tribo Seneca, unha das seis tribos da Confederación Iroquesa.
ás beiras do río Allegheny, e é adxacente ao Parque Estatal de Alleghany.
Situada a 421 msnm, o municipio ten unha superficie de 16,15 km².
Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 5 929 habitamtes, polo que a súa densidae de poboación nese ano era de 950 hab./km².[2]
A poboación nativa americana da cidade é aproximadamente un 19% da total, e non inclúe aos senecas que viven nas aldeas próximas de Jimerson Town (unha das dúas capitais da nación) e Kill Buck.
A cidade de Salamanca —en inglés, City of Salamanca— foi incorporada en 1913 á municipalidade de Salamanca —en inglés, Town of Salamanca—, que a rodea.
É a única cidade dos Estados Unidos que foi construída en terreos arrendados a unha reserva india. O arrendamento dos Senecas comezou a mediados do século XIX e é efectivo até 2030.[3]
↑Allegany Indian Reservation. The Columbia gazetteer of North America. Columbia University Press, 2000. Arquivado do orixinal o 28 de xuño de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2020.