Sakura (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sakura / CS-1
TipoComunicacións / experimental
FabricanteMitsubishi Electric / Ford Aerospace
OrganizaciónNASDA
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento15 de decembro de 1977, 00:47 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 2914[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 17B[1][2]
Obxectivo da misiónSatélite de comunicacións experimental.[1][2]
NSSDC ID1977-118A
Masa664,17 kg[1]
DimensiónsCilindro de 2,18 m de altura máis 1,31 m de antena[1]
Datos orbitais
Semieixo maior42.550 km[4]
Inclinación12,9 graos[4]
Apoapse36.195,9 km[4]
Periapse36.162,3 km[4]

Sakura, coñecido tamén como CS 1 (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 15 de decembro de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Sakura era un satélite de comunicacións experimental cunha masa de 664,17 kg. Tiña forma de cilindro de 2,18 m de altura, cunha antena que sobresaía outros 1,31 m. Estabilizábase mediante xiro, a 90 r.p.m. e co eixo de xiro perpendicular á súa órbita, e a súa superficie estaba cuberta de células solares para proporcionarlle enerxía. A antena mantíñase fixa, sen rotación, e cunha precisión no apuntado mellor de 0,3 graos. Emitía en banda K e banda C e o disco da antena estaba orientado cunha inclinación de 45 graos respecto do eixo de rotación. Os experimentos a bordo usaron frecuencias de 2,1, 2,3, 4, 6, 20 e 30 GHz para telefonía e televisión e foron usados para estudar as características do equipamento, a transmisión de sinais, a operación dos sistemas de comunicacións e o control e operación do satélite.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (20 de marzo de 2019). "Sakura" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2019). "CS-1" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CS 1 (Sakura 1)" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAKURA 1A (CS-1A)" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  5. Claude Lafleur (2019). "CS 1 / Sakura" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  6. "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF) (78-10696). 8 de maio de 1978: 2. Consultado o 25 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]