Sakura 3A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sakura 3A / CS-3A
TipoComunicacións
FabricanteMitsubishi Electric / Ford Aerospace / NEC Corporation
OrganizaciónNASDA
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento19 de febreiro de 1988, 10:05 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorH-I[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[1][2]
Obxectivo da misiónSatélite de comunicacións[1][2]
NSSDC ID1988-012A
Masa550 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior42.774 km[4]
Inclinación15,6 graos[4]
Apoapse36.445,9 km[4]
Periapse36.361,6 km[4]

Sakura 3A, coñecido tamén como CS 3A (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 19 de febreiro de 1988 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Sakura 3A, xunto con Sakura 3B, era parte da tereceira xeración de satélites de comunicación xaponeses que substituíu a Sakura 2A e Sakura 2B. Foi usado para operacións comerciais de comunicacións e en misións cooperativas, como transmisións de emerxencias e comunicacións con illas xaponesas distantes. Levaba a bordo 3 transpondendores en banda C e 15 en banda Ka. Foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 132º E. Cesou as súas operacións o 30 de novembro de 1995.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (20 de marzo de 2019). "Sakura-3A" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2019). "CS-3" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "CS 3a, 3b (Sakura 3a, 3b)" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 N2YO (2019). Real Time Satellite Tracking, ed. "CS 3A" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  5. Claude Lafleur (2019). "CS-3A / Sakura 3A" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  6. "Note verbale dated 16 August 1988 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (88-21191). 25 de agosto de 1988: 2. Consultado o 30 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]