Saida Menebhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saida Menebhi
Nacementosetembro de 1952
Lugar de nacementoMarrakech
Falecemento11 de decembro de 1977
Lugar de falecementoCasablanca
NacionalidadeMarrocos
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade Mohammed V
Ocupaciónpolítica, feminista, sindicalista, mestra, poeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Saida Menebhi[1], nada en Marrakech en setembro de 1952 e finada en Casablanca o 11 de decembro de 1977[2] foi unha profesora e activista do feminismo marroquí, militante do movemento marxista-leninista Ila l-Amam (literalmente, «Adiante»).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras terminar o bacharelato, estudou literatura inglesa na Universidade de Rabat. Alí comezou a militar no sindicato estudantil Unión Nacional de Estudantes de Marrocos a través do seu compoñente comunista Vía Democrática, movemento marxista-leninista marroquí fundado na década de 1970 por opositores comunistas, que reivindicaba a independencia do Sáhara Occidental.[2] Durante dous anos cursou o primeiro ciclo no Centro Pedagóxico Rexional, e posteriormente ensinou inglés nun instituto de Rabat.[3] Uniuse na clandestinidade ao movemento marxista-leninista Ila al-Amam e ao primeiro sindicato marroquí, a [[Unión Marroquí do Traballo.[2]

Nun contexto de intensificación da represión e do aumento do número de detencións en Marrocos, no período coñecido como anos de chumbo), o 16 de xaneiro de 1976 foi detida xunto con outras tres mulleres -Rabea Ftouh, Pierra di Maggio e Fatima Oukacha- polas súas actividades políticas en Ila al-Amam.[3] Sufriu torturas físicas e psicolóxicas no centro de detención Derb Moulay Cherif de Casablanca.

En 1977 foi xulgada xunto con outros 138 inculpados por atentado contra a seguridade do estado. Durante as audiencias reafirmou o seu apoio á autodeterminación do pobo saharauí.[3] Tamén denunciou a opresión que sufrían as mlljeres en Marrocos. Foi condenada a cinco anos de prisión máis outros dous por inxuria a maxistrado.[4] Se ben os demais militantes condenados no proceso foron trasladados ao cárcere central de Kenitra, Saida Menebhi, Rabea Ftouh, Abraham Serfaty e Fatima Oukacha ingresaron na prisión de Casablanca.[5]

Despois dunha folga de fame de 34 días, faleceu no hospital Averroes de Casablanca.

Escribiu numerosos poemas, antes e durante a estancia en prisión, nos que denunciou o réxime represivo de Hasan II de Marrocos, e deixou escrita a súa esperanza nunha sociedade mellor.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O nome tamén aparece transcrito como Saïda, segundo a ortografía do francés. O apelido aparece tamén como Mnebhi, al M(e)nebhi ou el M(e)nebhi.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Amr al-Misri (11 de decembro de 2012). "11 décembre 1977: décès de Saïda Menebhi, «la martyre du peuple marocain»". Divers Gens (en francés). Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Saïda Menebhi, martyre du peuple marocain". Coup pour coup 31 (en francés). 1 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  4. "Histoire du peuple (socialisme): Saïda Menebhi". Osire Glacier (en francés). 3 de xuño de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  5. Ar. L., «Saïda Menebhi», L'Insurgé n°11 (Journal de SUD Etudiant Perpignan), p. 7, xaneiro de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]