Sahib Bibi Aur Ghulam
| Sahib Bibi Aur Ghulam | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Hemanta Mukhopadhyay (en) | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Sahib Bibi Aur Ghulam (en hindi: साहिब बीबी और ग़ुलाम) é un filme indio de 1962 rodado en lingua hindi e dirixido por Abrar Alvi e producido por Guru Dutt, quen tamén é protagonista xunto con Meena Kumari, Rehman e Waheeda Rehman. O filme, que se basea na novela en lingua bengalí Saheb Bibi Golam (1953) de Bimal Mitra, é a segunda adaptación logo do filme filme homónimo de Saheb Bibi Golam protagonizado por Sumitra Devi, Uttam Kumar e Chhabi Biswas. Logo de ler a novela e ver a súa versión escenificada, Dutt quixo adaptala. Foi ambientada no século XIX durante o Raj Británico e céntrase en Bhoothnath (Dutt), que coñece a Chhoti Bahu ( Kumari), a solitaria esposa dun zamindar (Rehman). A película segue o esforzo de Chhoti Bahu por manter o seu marido, ao que lle gusta beber e ver actuar a tawaif. Ela vólvese adicta ao alcohol, levando a ambos á bancarrota.[1]
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 35ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2][3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]O elenco está composto por:[4]
- Meena Kumari como Chhoti Bahu
- Guru Dutt como Atulya "Bhoothnath" Chakraborty
- Rehman como Chhote Babu
- Waheeda Rehman como Jabba
- D. K. Sapru como Majhle Babu
- Harindranath Chattopadhyay como Ghari Babu
- Pratima Devi como Badi Bahu
- S. N. Banerjee como condutor
- Nazir Hussain como Subinay Babu
- Dhumal como Bansi
- Minoo Mumtaz como bailarina na canción "Saakiya Aaj Mujhe"
- Chanda como Chinta
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Courtesans in Bollywood: How the tawaif transitioned into 'modern' Indian woman".
- ↑ ""Sahib Bibi" to vie for Oscar". Carees and Courses XV (4): 352. abril de 1963. Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
- ↑ "Saheb Biwi Aur Gulam Cast & Crew". Bollywood Hungama. xaneiro de 1962. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2021. Consultado o 19 de xuño de 2021.