Newton (filme)
Aparencia
| Newton | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons |
Newton (en hindi: न्यूटन) é un filme indio de 2017 dirixido e coescrito por Amit V. Masurkar.[1][2] Está protagonizado por Rajkummar Rao no papel principal dun funcionario do goberno que é enviado a unha zona politicamente sensible do centro da India como responsable das eleccións. Pankaj Tripathi, Anjali Patil e Raghubir Yadav compoñen o resto do elenco. O filme foi producido por Manish Mundra baixo o selo Drishyam Films, coñecido polo filme de 2015 Masaan. É o segundo filme dirixido por Amit Masurkar logo de Sulemani Keeda en 2013.[3]
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rajkummar Rao como Nutan “Newton” Kumar
- Pankaj Tripathi como Aatma Singh
- Anjali Patil como Malko Netam
- Raghubir Yadav como Loknath
- Danish Hussain como DIG de policía
- Mukesh Prajapati como Shambhu
- Krishna Singh Bisht como Krishna
- Pistak Gond as The Village Patel
- Sanjay Mishra nunha aparición especial como instrutor electoral
- Mukesh Nagar como Mangal Netam
- Bachan Pachera como pai de Newton
- Kirti Shreeyansh Jain como nai de Newton
- Omkar Das Manikpuri como Lakhma
- Jyotsana Trivedi como prometida
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Newton': Berlin Review" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ Huffington Post
- ↑ "Newton movie review: Rajkummar Rao, Pankaj Tripathi, Anjali Patil shine in a dazzlingly low-key dramedy". 19 de setembro de 2017.
- ↑ "These are the 91 other films Rajkummar Rao's Newton is competing with at the Oscars". 6 de outubro de 2017.
- ↑ "'Newton' is India's official entry to Oscars 2018". Times of India. 22 de setembro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2017.