Barfi!
Aparencia
Barfi! (en hindi: बर्फी!) é un filme indio de 2012 escrito e dirixido por Anurag Basu, editado por Akiv Ali e apoiado por UTV Motion Pictures. Está protagonizado por Ranbir Kapoor, Priyanka Chopra e Ileana D'Cruz (no seu debut nun filme hindi) xunto con Saurabh Shukla, Ashish Vidyarthi, Jisshu Sengupta, Roopa Ganguly e Haradhan Bandopadhyay nos papeis secundarios. Ambientado en Darjeeling e Calcuta na década de 1970, céntrase na historia de Barfi (Kapoor), un home de Darjeeling, e a súa relación con dúas rapazas, a fermosa Shruti (D'Cruz) e a autista Jhilmil (Chopra).
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ranbir Kapoor como Murphy Chhetri (a.k.a. Barfi)
- Priyanka Chopra como Jhilmil Chatterjee
- Ileana D'Cruz como Shruti Ghosh Sengupta
- Saurabh Shukla como Inspector Sudhanshu Dutta
- Ashish Vidyarthi como Durjoy Chatterjee (pai de Jhilmil)
- Saayoni Ghosh como Piyali (amiga de Shruti)
- Jisshu Sengupta como Ranjeet Sengupta (prometido de Shruti)
- Roopa Ganguly como Mrs. Ghosh (nai de Shruti)
- Uday Tikekar como Mr. Ghosh (pai de Shruti)
- Haradhan Bandopadhyay como Daju
- Arun Bali como Nanaji
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ranbir Kapoor's Barfi! out of the Oscar race". Hindustan Times. 5 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barfi! |