Saltar ao contido

Saguinus geoffroyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saguinus geoffroyi
Saguinus geoffroyi
Jacques Pucheran 1845 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Duración máxima de vida
20.5 a Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Mapas
Distribución
Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaCallitrichidae
XéneroSaguinus
EspecieSaguinus geoffroyi Editar o valor en Wikidata
Pucheran, 1845 Saguinus geoffroyi Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02v46t Editar o valor en Wikidata
ITIS572925 Editar o valor en Wikidata
OTT235534 Editar o valor en Wikidata
UICN41522 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Saguinus geoffroyi é unha especie de pequeno primate de pelaxe branca e negra, coa caluga de cor avermellada. Acada entre os 22 até 25 cm de lonxitude; cunha cola de 31 a 40 cm. O peso rolda os 300 a 560 g. Aliméntase de froitas e invertebrados. Complementa a súa dieta con flores, gromos e zume.

A súa distribución abrangue dende Costa Rica até Colombia. Algúns estudosos teñen considerado este taxon como unha subespecie do Saguinus oedipus pero as investigacións recentes suxiren que son dous grupos diferentes abondo como para ser recoñecidos como especies separadas.

Como tódolos callitrichine son arbóreos; adoitan vivir en áreas de crecemento secundario ou en bosques mixtos. Como moitas especies desta subfamilia atópase en perigo de extinción, principalmente pola destrución do seu hábitat, aínda que é particularmente abondoso nalgunhas localidades de Panamá. En Colombia hai poboacións naturais desta especie protexidas no Parque Nacional Natural Las Orquídeas, que se atopa no Chocó.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Moore, A. J., & Cheverud, J. M. (1992). Systematics of the Saguinus oedipus group of the bare-face tamarins: Evidence from facial morphology. American Journal of Physical Anthropology, 89, 73-84.