Sagina saginoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sagina saginoides
Sagina saginoides Atlas Alpenflora.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotiledóneas
Orde: Caryophyllales
Familia: Caryophyllaceae
Xénero: Sagina
Especie: S. saginoides
Nome binomial
'Sagina saginoides'
(L.) H.Karst.

Sagina saginoides é unha especie de planta con flor da familia das cariofiláceas.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha pequena planta herbácea de talo delgado e filiforme duns poucos centímetros de longo, entre 3 e 10, que medra precumbentes ou suberectos. As follas son lineares na súa forma e dunha lonxitude de entre 1 e 2 cm. A inflorescencia é unha única flor con cinco sépalos e cinco pequenos pétalos brancos. É moi similar á Sagina nivalis pero esta só ten catro pétalos.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Presenta unha distribución circumboreal, atopándose nas latitudes setentrionais do Hemisferio Norte con climas alpinos e subalpinos e mais en rexións montañosas máis cara ao sur. En Galicia dáse na zona oriental.[2]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. NatureGate (ed.). "Alpine pearlwort". Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  2. Flora Vascular