Sacavém
Coordenadas: 38°47′40″N 9°6′19″O / 38.79444, -9.10528
Sacavém | |||
---|---|---|---|
Río Trancão en Sacavém. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Lisboa | ||
Subrexión | Grande Lisboa | ||
Distrito | Lisboa | ||
Xeografía | |||
Altitude | 25 msnm | ||
Superficie | 4,09 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 17 659 hab. (2011) | ||
Densidade | 4 318 hab/km² | ||
Xentilicio | Sacavenense; Sacaveno | ||
Outros datos | |||
Código postal | 2685-099 | ||
www.cm-lisboa.pt |
Sacavém (do árabe: شقبان) é unha cidade de Portugal, situada na embocadura do río Texo, a norte de Lisboa, con 17.659 habitantes e 3,81 km². Atópase a poucos quilómetros ós nordeste da capital portuguesa, Lisboa. A área da cidade abrangue 4,09km2, e a rexión é coñecida pola súa industria de cerámicas.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Localizada na parte oriental do concello de Loures, Sacavém limita coas freguesías de Unhos (noroeste), Camarate (oeste), Prior Velho (suroeste), Portela (sur) e Moscavide (sueste). Atópase bañada polos ríos Texo (polo leste) e Trancão, anteriormente chamado río de Sacavém (polo norte, separa esta freguesía da de Bobadela).
Freguesía bastante urbanizada, atópase tradicionalmente dividida en Sacavém de Cima e Sacavém de Baixo, aínda que recentemente xurdiron novas urbanizacións na cidade. Orograficamente, é un espazo pouco accidentado (ten só tres elevacións: o Monte do Convento, o Monte de Sintra e o Monte do Mocho), variando a súa altitude entre os cero e os sesenta metros.
Antigamente, a freguesía abranguía un espazo meirande, tendo perdido, ó longo do tempo, a xurisdición sobre as freguesías veciñas de São João da Talha, Bobadela, Camarate, Prior Velho, Portela, Moscavide, e Santa Maria dos Olivais. Administrativamente, antes de ser integrada no concello de Loures, formou parte do termo municipal da cidade de Lisboa, e despois (1852-1886), do concello dos Olivais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sacavém ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en portugués)