Saltar ao contido

Julie Payette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulie Payette

(2017, Rideau Hall) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1963 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Montreal Editar o valor en Wikidata
29ª Gobernadora xeral do Canadá
2 de outubro de 2017 – 21 de xaneiro de 2021
 David JohnstonMary Simon  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRideau Hall (2017–2021) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto - enxeñaría informática (–1990)
Universidade McGill - enxeñaría eléctrica (–1986)
UWC Atlantic College
Collège Regina Assumpta Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica (2017–2021), enxeñeira, astronauta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorIBM
Axencia Espacial Canadense
Bell-Northern Research
Goberno do Canadá Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo25 días, 11 horas e 57 minutos Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
21 de xaneiro de 2021dimisión de Julie Payette
1 de setembro de 2020-21 de xaneiro de 20212020–21 Rideau Hall workplace review (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Payette-259

Julie Payette, nada o 20 de outubro de 1963, é unha enxeñeira e astronauta canadense, que serviu como gobernadora xeral do Canadá entre 2017 e 2021. Payette completou dous voos espaciais, o STS-96 e STS-127, rexistrando máis de 25 días no espazo. Serviu como astronauta xefe para a Axencia Espacial Canadense, e serviu noutras funcións para a NASA e AEC, por exemplo como CAPCOM.

En xullo de 2013, Julie Payette foi nomeada xefa de Operacións (COO) do Centro de Ciencias de Montreal no Porto Vello de Montreal.

En abril de 2014, foi nomeada membro do directorio do Banco Nacional do Canadá.[1]

O 13 de xullo de 2017, Payette foi proposta como nova gobernadora xeral do Canadá polo primeiro ministro Justin Trudeau.[2][3][4] A raíña Isabel II, seguindo a recomendación do primeiro ministro Trudeau, aprobou a súa designación. Tomou posesión o 2 de outubro de 2017.

Payette dimitiu o 21 de xaneiro de 2021 no medio da publicación dun informe da Oficina do Consello Privado que a acusaba de acosar a funcionarios públicos da Oficina do Gobernador Xeral. Dixo que apoiaba a investigación sobre o acoso laboral.

  1. "Appointment Notice Julie Payette". The Globe and Mail. 23 de maio de 2014.
  2. "Prime Minister Trudeau announces The Queen's approval of Canada's next Governor General". Government of Canada. 13 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2017. Consultado o 23 de abril de 2019.
  3. "Former astronaut Julie Payette to be Canada's next governor general". CBC News. 12 de xullo de 2017.
  4. Scotti, Monique (13 de xullo de 2017). "Julie Payette: Meet Canada's next governor general". Global News. Consultado o 13 de xullo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]