Bonnie J. Dunbar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de marzo de 1949 Sunnyside |
| Residencia | Sunnyside (pt) |
| Educación | Universidade de Washington Universidade de Houston Sunnyside High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, enxeñeira |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Membro de | |
| Tempo no espazo | 50 días, 8 horas e 24 minutos |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ronald M. Sega |
| Premios | |
| |
Bonnie Jeanne Dunbar, nada en Sunnyside (Washington) o 3 de marzo de 1949, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-61-A, STS-32, STS-50, STS-71 e STS-89. Pasou un total de 50,35 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dunbar graduouse en ciencias e enxeñería da cerámica pola Universidade de Washington en 1971 e 1975 respectivamente. Ten un doutoramento en enxeñería mecánica e biomédica pola Universidade de Houston en 1983.[1][2]
En 1978 tivo un posto de oficial de carga útil e controladora de voo no Centro Espacial Lyndon B. Johnson. Traballou no posto de oficial de navegación e guiado e controladora de voo durante a reentrada controlada da estación espacial Skylab en 1979. Posteriormente foi nomeada oficial de proxecto e carga útil para a integración de varias cargas útiles dos transbordadores espaciais.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA como astronauta en agosto de 1981, participando nas misións STS-61-A, STS-32, STS-50, STS-71 e STS-89 e pasando un total de 50,35 días no espazo. Retirouse da NASA en setembro de 2005 para pasar a ser presidente do Museo do Voo en Seattle, Washington.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Mark Wade (2019). "Dunbar, Bonnie Jeanne" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- 1 2 3 NASA, ed. (setembro de 2005). "BONNIE J. DUNBAR (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonnie J. Dunbar |