Salizhan Sharipov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salizhan Shakirovich Sharipov»)
Salizhan Sharipov
Datos persoais
Nacemento24 de agosto de 1964
LugarÖzgön
Actividade
MisiónsSTS-89, Soiuz TMA-5 e Expedição 10
Tempo no espazo201,62 días
PremiosHéroe da Federación Rusa, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Piloto-Cosmonauta da Federación Rusa, Hero of the Kyrgyz Republic, Order of Outstanding Merit, NASA Space Flight Medal e Order of Amir Temur
editar datos en Wikidata ]

Salizhan Shakirovich Sharipov, nado en Uzgen (oblast de Osh, Kirguizistán) o 24 de agosto de 1964, é un cosmonauta de Kirguizistán que participou nas misións Soiuz TMA-5 e STS-89 e foi membro da Expedición 10 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sharipov graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea en 1987, traballando posteriormente como instrutor. Graduouse en cartografía en 1994 na Universidade do Estado en Moscova.[1][2]

Foi seleccionado como candidato a cosmonauta en 1990, pasando o adestramento de dous anos. Participou nas misións Soiuz TMA-5 e STS-89 e foi membro da Expedición 10 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 201,62 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Sharipov, Salizhan Shakirovich" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA (ed.). "Shuttle-Mir History/People/Cosmonauts/Sharipov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]