Saltar ao contido

STS-85

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-85
Lanzamento da misión STS-85.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de agosto de 1997, 14:41 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,85 días[6]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2.[3][6]
Regreso19 de agosto de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-039A

STS-85 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 7 de agosto de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-85, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para estudar a atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2, liberado e recuperado na mesma misión. CRISTA-SPAS-2 observou a atmosfera en lonxitudes de onda infravermellas. A tripulación, formada polo comandante Curtis L. Brown, o piloto Kent V. Rominger, os especialistas de misiónN. Jan Davis, Robert L. Curbeam, Stephen K. Robinson e o especialista de carga Bjarni V. Tryggvason, tamén levou a cabo outros experimentos a bordo do Discovery.[3][5][6][7]

CRISTA-SPAS-2 foi unha colaboración entre a axencia espacial alemá DARA e a NASA que consistía en tres telescopios e catro espectrómetros despregados durante o primeiro día de voo. A plataforma foi recuperada o 16 de agosto despois de 200 horas de voo libre, tempo durante o cal desde terra se fixeron medicións atmosféricas mediante foguetes sonda e globos para correlacionar os datos. O transbordador levaba tamén a bordo a carga TAS-1 para probar novas tecnoloxías, MFD como experimento tecnolóxico para o futuro brazo robótico no módulo xaponés da Estación Espacial Internacional, IEH-02 para a observación do Sol e varios experimentos biolóxicos e de materiais.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de agosto de 1997.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 6. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-85" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]