Bjarni Tryggvason

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bjarni V. Tryggvason»)
Bjarni Tryggvason
Datos persoais
Nacemento21 de setembro de 1945
LugarReiquiavik
Falecemento5 de abril de 2022
Actividade
MisiónsSTS-85
Tempo no espazo11,85 días
editar datos en Wikidata ]

Bjarni Valdimar Tryggvason, nado en Reiquiavik (Islandia) o 21 de setembro de 1945 e finado o 5 de abril de 2022,[1] foi un astronauta canadense que formou parte da misión STS-85.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tryggvason graduouse en enxeñaría física na Universidade da Columbia Británica en 1972. Traballou como posgraduado en enxeñaría con especialización en matemáticas aplicadas e física de fluídos na Universidade do Oeste de Ontario. Foi elixido como astronauta da Axencia Espacial Canadense en decembro de 1983, participando na misión STS-85 e pasando 11,85 días no espazo.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Former Canadian astronaut Bjarni Tryggvason dead at 76". CBC News. Canadian Press. 6 de abril de 2022. Consultado o 7 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Mark Wade (2022). "Tryggvason, Bjarni Valdimar" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 NASA, ed. (agosto de 2006). "Biography of Bjarni Tryggvason" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]