Saltar ao contido

STS-81

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-81
Lanzamento da misión STS-81.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de xaneiro de 1997, 9:27 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,20 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso22 de xaneiro de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-001A

STS-81 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 11 de xaneiro de 1997 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-81, con sete astronautas (Michael A. Baker, Brent W. Jett, John M. Grunsfeld, Marsha Ivins, Peter J.K. Wisoff e Jerry M. Linenger) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar a algúns membros da tripulación, levar subministracións e facer experimentos.[3][5][6][7]

O transbordador levaba un módulo Spacehab a bordo con subministracións e experimentos, transferindo 2722 kg de carga á estación. A tripulación tamén probou o sistema de illamento de vibracións da cinta de correr para o seu uso na futura Estación Espacial Internacional.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de xaneiro de 1997, deixando na estación a Linenger e traendo de volta a e John E. Blaha.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680T). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-81" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-81" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]