Dorothy Metcalf-Lindenburger
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de maio de 1975 Colorado Springs |
| Educación | Whitman College (en) Fort Collins High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, mestra, xeóloga |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Membro de | |
| Tempo no espazo | 15 días, 2 horas e 47 minutos |
Dorothy Marie "Dottie" Metcalf-Lindenburger, nada en Colorado Springs, Colorado, o 2 de maio de 1975, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-131.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Metcalf-Lindenburger graduouse na facultade Whitman en 1997 e ten un certificado de ensino pola Universidade Central de Washington en 1999.[1][2]
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en maio de 2004, participando na misión STS-131 e pasando un total de 15,12 días no espazo. Deixou a axencia o 13 de xullo de 2014.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2020). "Metcalf-Lindenburger, Dorothy Marie 'Dottie'" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2020.
- 1 2 3 NASA, ed. (maio de 2014). "DOROTHY M. METCALF-LINDENBURGER NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorothy Metcalf-Lindenburger |