Sunita Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sunita Williams
Nacemento19 de setembro de 1965
Lugar de nacementoEuclid
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónHinduísmo
Alma máterNeedham High School, Academia Naval dos Estados Unidos, Florida Institute of Technology e Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos
Ocupaciónoficial da armada, astronauta, atleta, enxeñeiro de voo e enxeñeira
PaiDeepak Pandya
PremiosPadma Bhushan, Medalla de Honra Espacial do Congreso, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Achievement Medal, Medalha de Comenda, Humanitarian Service Medal, Women in Space Science Award e Medalha de Serviço Distinto da NASA
Na rede
Twitter: Astro_Suni Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sunita Williams (Pandya) nada en Euclid (Ohio) o 19 de setembro de 1965 é unha astronauta estadounidense [1] que mantivo o récord feminino de estancia máis longa no espazo nunha única misión con 195 días,[2] ata o 11 de xuño de 2015, cando a astronauta italiana Samantha Cristoforetti superouna cunha estadía de 200 días na Estación Espacial Internacional.[3] Williams foi asignada á Estación Espacial Internacional como membro da Expedición 14 e a Expedición 15. En 2012, serviu como enxeñeira de voo na Expedición 32 e logo como comandante da Expedición 33.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sunita Williams é filla de Deepak Pandya e Bonnie Pandya, que vivían en Falmouth, Massachusetts. O seu pai é un recoñecido neuroanatomista de ascendencia india, e súa nai procede de Eslovenia.

Sunita asistiu á Needham High School en Needham, Massachusetts, graduándose en 1983. En 1987 licenciouse en Ciencias Físicas pola Academia Naval dos Estados Unidos, e en 1995 completou un máster en Ciencias con especialización en Enxeñaría de Xestión polo Instituto Tecnolóxico de Florida.[4]

Carreira militar[editar | editar a fonte]

É capitán da Mariña. Durante a súa carreira militar pilotou e foi instrutora no manexo de helicópteros de combate, e prestaba servizo a bordo do portaavións "Saipan" cando en 1998 foi elixida para a súa formación como astronauta.

Youtube Space Lab 2012[editar | editar a fonte]

Sunita Williams foi entrevistada directamente desde a Estación Espacial Internacional durante o evento "Youtube Space Lab" en 2012.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.jsc.nasa.gov/Bios/htmlbios/williams-s.html
  2. http://es.eurosport.yahoo.com/noticias/astronauta-sunita-williams-marca-r%C3%A9cord-mujer-espacio-exterior-154222628.html
  3. "Samantha Cristoforetti se prepara para volver a casa". European Space Agency. Consultado o 9 de junio de 2015.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  4. "Sunita Williams | Biography, Achievements, & Facts". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-11-01. 
  5. "Astronaut Greets YouTube Space Lab Participants". Consultado o 2021-11-01.