Saltar ao contido

STS-106

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-106
Lanzamento da misión STS-106
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de setembro de 2000, 12:45 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión11,80 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso20 de setembro de 2000[6]
Sitio de regresoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6]
NSSDC ID2000-053A

STS-106 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de setembro de 2000 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-106, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación constaba de Terrence W. Wilcutt (comandante), Scott D. Altman (piloto) e os especialistas de misión Daniel C. Burbank, Edward T. Lu, Richard A. Mastracchio, Iuri Malenchenko e Boris Morukov. O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación o 10 de setembro ás 5:51 GMT e durante a misión usou os seus propulsores para elevar a órbita do complexo varias veces. A súa misión principal foi preparar o módulo Zvezda para recibir a primeira tripulación permanente da estación, a Expedición 1, e descargar subministracións do transbordador á estación. Tamén instalaron tres baterías no módulo Zvezda. Durante a única actividade extravehicular, Lu e Malenchenko conectaron nove cables de enerxía e datos entre os módulos Zvezda e Zarya e instalaron un magnetómetro de dous metros de longo. O transbordador desacoplouse da estación ás 3:44 GMT do 18 de setembro, volvendo a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 20 de setembro de 2000.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 106" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
  2. 1 2 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608(E)). 1 de febreiro de 2001: 3. Consultado o 26 de decembro de 2017.
  3. 1 2 3 4 5 6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 106" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-106 / ISS-2A.2b" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2017.
  5. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-106" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
  7. NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-106" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]