Scott Altman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Scott D. Altman»)
Scott Altman
Datos persoais
Nacemento15 de agosto de 1959
LugarLincoln
Actividade
MisiónsSTS-125, STS-106, STS-90 e STS-109
Tempo no espazo51,53 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla do Aire e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Scott Douglas "Scooter" Altman, nado en Pekin, Illinois, o 15 de agosto de 1959, é un piloto de combate e astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-125, STS-106, STS-90 e STS-109.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Altman graduouse en enxeñaría aeronáutica e astronáutica pola Universidade de Illinois en 1981 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados en 1990.[1][2]

Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en marzo de 1995, participando nas misións STS-125, STS-106, STS-90 e STS-109, pasando un total de 51,53 días no espazo. Deixou a NASA en setembro de 2010 para traballar en Asrc Research and Technology Solutions.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Altman, Scott Douglas 'Scooter'" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (setembro de 2010). "SCOTT D. ALTMAN (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]