Expedición 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Expedición 1 ou Expedición Un foi a primeira estadía de longa duración na Estación Espacial Internacional. A tripulación, formada por tres persoas, estivo a bordo da estación durante 136 días entre novembro de 2000 e marzo de 2001. Desde entón, a presenza humana na estación foi ininterrompida e mantense. A Expedición 2, que tamén contou con tres integrantes, seguiuna de xeito inmediato.

O inicio da expedición produciuse cando a tripulación se acoplou á estación o 2 de novembre de 2000 a bordo da nave espacial rusa Soyuz TM-31, que partira dous días antes.[1] Durante a misión, a tripulación da Expedición 1 activou varios sistemas na estación, desempaquetou equipos que se enviaran e aloxou tres tripulacións do Transbordador espacial e dous vehículos rusos Progress de reabastecemento non tripulados. Os astronautas estiveron moi ocupados durante a misión, que se declarou un éxito.[2]

Os tres transbordadores visitantes trouxeron equipos, subministracións e compoñentes clave á estación espacial. O primeiro deles, STS-97, acoplouse a principios de decembro de 2000 e trouxo o primeiro par de grandes paneis fotovoltaicos feitos en Estados Unidos, o que incrementou cinco veces a capacidade de potencia das celas alí.[3] O segundo transbordador visitante foi a nave STS-98, que se acoplou a mediados de febreiro de 2001 e enviou o módulo de busca Destiny de 1,4 mil millóns USD, que aumentou a masa da estación con respecto á de Mir por primeira vez.[4] O terceiro transbordador, chamado STS-102, chegou a mediados de marzo do 2001 e o seu propósito principal foi relevar a tripulación da Expedición 1 e reemprazala pola da Expedición 2.[5] A expedición finalizou cando o transbordador espacial Discovery se separou da estación o 18 de marzo de 2001.

A tripulación da expedición estaba formada por un comandante estadounidense e dous tripulantes rusos. O comandante William Shepherd estivera no espazo tres veces antes en misións de transbordadores dunha semana de duración como máximo. Os rusos Yuri Gidzenko e Sergei Krikalev tiñan experiencia en voos espaciais de longa duración en Mir; Krikalev estivo cerca dun ano completo no espazo.[6][7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spacefacts.de (ed.). "Human Spaceflights - Soyuz TM-31" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  2. Brad Liston. ABC, ed. "ISS Captain Says He'll Be Happy to Return" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  3. NASA (ed.). "STS-97 Delivers Giant Solar Arrays to International Space Station" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  4. NASA (ed.). "STS-98 Delivers Destiny Lab to International Space Station" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  5. NASA (ed.). "STS-102 Swaps International Space Station Crews" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  6. NASA (ed.). "Cosmonaut Bio: Gidzenko" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  7. NASA (ed.). "Cosmonaut Bio: Sergei Krikalev" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2013. 
  8. Brad Liston (2 de novembro de 2000). "Upward Bound: Tales of Space Station Alpha". TIME (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]